Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Órganos de xestión / Área de seguimento e avaliación do proxecto

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Área de seguimento e avaliación do proxecto

É o órgano responsable do seguimento, control e avaliación (interna e externa) do desenvolvemento do conxunto de accións do proxecto.

O proceso de seguimento no desenvolvemento do Mandeo baséase en catro puntos:
1. -Desenvolvemento dun sistema de indicadores de avaliación do proxecto que permita coñecer o cumprimento dos obxectivos e dos logros intermedios.
2. -Informes técnicos dos responsables de cada área e de cada equipo técnico que inclúan o grao de execución de cada acción e as dificultades atopadas. Os informes serán enviados ao Comité de Dirección para a súa análise e toma de decisións.
3. -Reunións de traballo de carácter técnico, entre os diferentes responsables de cada área do Comité de Xestión do Proxecto e os responsables dos Equipos Técnicos.
4. -Páxina web do proxecto, que servirá de instrumento de seguimento a través da actualización continua.

A metodoloxía de avaliación interna comezará coa obtención de datos sobre os aspectos a considerar na auto avaliación; continuará coa distribución interna destes e rematará coas reunións dos grupos de traballo nas que se discutirán os resultados obtidos. Esto permitirá detectar as posibles desviacións xurdidas entre os obxectivos previstos e os resultados acadados.

A metodoloxía de avaliación externa tratará sobre a organización, contidos, participantes e resultados acadados.
O sistema de avaliación externo disporá de dúas variables diferenciadas: avaliacións intermedias que avalíen o proceso de execución e identifiquen os elementos susceptibles de mellora e unha avaliación final que analizará o nivel de efectividade das accións e a desviación existente entre os obxectivos propostos e os resultados conseguidos.
A realización da avaliación externa do proxecto estará a cargo de expertos independentes.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es