Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Resumo e xustificación / Indicadores de avaliación

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Indicadores de avaliación

Selecciónaronse catro variables:
1.Indicadores da calidade do ecosistema acuático natural.
2.Indicadores do déficit dos servizos de abastecemento e saneamento.
3.Indicadores de dinamización e información.
4.Indicadores da Red Natura 2000.

1.Indicadores da calidade do ecosistema acuático natural

-Índice xeral da calidade das augas (IGCA): É o indicador máis habitual de control da calidade das augas. Os parámetros usados no IGCA son variables indicadoras de contaminación física, orgánica, inorgánica e tóxica. A primeira campaña permitirá calcular este índice e tomalo como referencia de estado cero. O lóxico é que se acaden valores superiores a 90, cunha calidade excelente da auga.


*Índice Biological Monitoring Working Party (BMWP).
O índice BMWP foi desenrolado por Hellawell en 1978. Baséase na identificación de familias de invertebrados que teñen adxudicado un valor comprendido entre 1 e 10, correspondendo o 1 a familias que viven en augas moi contaminadas e o 10 a familias que non toleran a contaminación. A suma dos valores obtidos en cada familia nun punto de mostraxe dará o grao de contaminación, canto maior sexa a suma menor é a contaminación do punto estudado. Esto determinará un índice que adoita ter valores entre 0 e 200. O índice establece seis niveis de calidade da auga. No Mandeo non está calculado este valor, polo que a primeira campaña tomarase como referencia de estado cero. O lóxico é que se acaden valores superiores a 150.


2.Indicadores do déficit dos servizos de abastecemento e saneamento.
Para avaliar as melloras nas infraestruturas e equipamentos de abastecemento e saneamento empregarase algún dos indicadores naturais elaborados polo Ministerio das Administracións Públicas e os indicadores de cumprimento segundo os criterios da Directiva 91/271. Seleccionaronse para isto dous indicadores: o PNCA, Saneamento e Depuración e a Carga de h-e respecto a carga total. Actualmente están conectados a EDAR, 25.882 habitantes, pero son necesarias novas aglomeracións para sanear a 6.500 h-e;. Calcúlase un escenario futuro de 32.400 habitantes.

3. Indicadores de dinamización e información:
Igual que o resto dos indicadores, a cuantificación destes tampouco é posible a día de hoxe ao non existir información previa. Para controlar a consecución dos obxectivos do Mandeo analizaranse os seguintes indicadores: evolución da poboación turística equivalente, número de visitantes rexistrados nos Centros de Dinamización, índice de ocupación media nos centros de restauración da marca, entradas na web do Mandeo, títulos expedidos en cursos de formación, número de visitantes en grupos escolares e o número de paneis informativos.

4. Indicadores Red Natura 2000.
A área de actuación Betanzos-Mandeo está incluída na Red Natura 2000, polo que se estableceron dous indicadores para amosar os beneficios que outorgará o proxecto á zona. Son:
-A superficie de espazos verdes e protexidos sobre os que se actúa.
-O número de actuacións desenroladas para a promoción da biodiversidade e protección da natureza.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es