Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Prensa / Información sobre planificación / A Coruña recibe 8,6 millóns dos fondos Feder para a recuperación da conca do río Mandeo

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

A Coruña recibe 8,6 millóns dos fondos Feder para a recuperación da conca do río Mandeo

A Deputación da Coruña recibirá un orzamento de 8,6 millóns de euros dos fondos Feder da Unión Europea para o desenvolvemento do proxecto de recuperación da conca do río Mandeo. Nesta actuación están integrados os concellos de Betanzos, Aranga, Bergondo, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne e Sobrado.

EUROPA PRESS. 16 de xuño de 2008
A este orzamento da UE sumaselle outro de 3,8 millóns de euros da Deputación da Coruña, aportados como fondos propios ao longo do trienio 2008-2010. O proxecto Mandeo contará, en total, cun investimento de 12.400.000 euros.

O presidente do organismo provincial coruñés, Salvador Fernández Moreda, destacou "positivamente" o compromiso da UE con este proxecto. No seu desenrolo tivo gran importancia a analise realizada no Plan Estratéxico da Provincia, aprobado o pasado ano pola Deputación e que contou coa colaboración da Fundación Caixa Galicia e das universidades da Coruña e Santiago de Compostela.

O proxecto Mandeo ten como obxectivo a optimización do uso da auga e da calidade do ecosistema fluvial na conca do río. Para acadar a rexeneración da conca construiranse e melloraranse infraestruturas de abastecemento e saneamento, crearanse centros de observación e formación e restauraranse áreas degradadas ambientalmente. Tamén está previsto reducir a contaminación, realizar cursos de formación aos técnicos municipais, campañas de sensibilización á poboación e programas educativos. Elaborarase tamán unha web do proxecto como canle de participación cidadá e medio de difusión das actuacións que se executen, segundo consta na proposta presentada pola Deputación da Coruña ante a Unión Europea.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es