Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Prensa / Información sobre planificación / Sanear e captar auga, prioridade na rexeneración do Mandeo

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Sanear e captar auga, prioridade na rexeneración do Mandeo

Alcaldes do PP dos concellos que atravesa o río gaban este proxecto de 12,5 millóns de fondos Feder e da Deputación.

A Opinión (A Coruña). Mércores 02 de xullo de 2008

O proxecto de rexeneración da conca do Mandeo, que suporá un investimento de 12,5 millóns de euros dos que 8,7 son aportados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o resto pola Deputación da Coruña, ten como prioridade na fase inicial o desenvolvemento de obras de saneamento e abastecemento de auga. Así o explicou onte en Betanzos o deputado provincial do PP, Ricardo García, acompañado polos alcaldes dos dez concellos beneficiados polo proxecto.
Mellorar o uso e a extracción da auga e o control dos vertidos suporá aumentar a calidade da auga para comezar logo unha segunda fase co acondicionamento de áreas na conca dende as que visitar o río. Xunto ao pazo de Mariñán localizarase un Centro de control das instalacións remotas da calidade de augas; na presa de Chelo ampliarase a aula da natureza cun Centro de interpretación do ecosistema fluvial e na cabeceira da conca crearase un Centro etnográfico e de formación do Mandeo.
A alcaldesa brigantina, María Faraldo, destacou a importancia do proxecto e apuntou que a localidade contará cun plan piloto de tratamento de augas de choiva. Resaltou a importancia da creación de vieiros peonís ao longo do río e asegurou que éste "pode ser un elemento dinamizador". Faraldo amosou a súa satisfacción pola protección que a Xunta concedeu ás marismas, xa que "completa este plan europeo".

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es