Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Prensa / Información sobre planificación / A Deputación construirá en Curtis un Centro Etnográfico dentro do Proxecto Mandeo

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

A Deputación construirá en Curtis un Centro Etnográfico dentro do Proxecto Mandeo

A Deputación da Coruña construirá un Centro Etnográfico no concello de Curtis e creará outro de Interpretación do Ecosistema Fluvial en Chelo a través das diferentes actuacións previstas no plan de recuperación da conca do Mandeo.

EL CORREO GALLEGO. 20 Maio. 2009
As directrices destas actuacións expuxéronse esta mañá aos alcaldes de Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos, Paderne, Sobrado dos Monxes, Aranga e Irixoa nunha reunión que estivo presidida por Salvador Fernández Moreda, e que contou tamén coa presencia dos deputados provinciais, Antonio Lagares, José Manuel Pequeño Castro, Xoán Cabo e Xesús Veiga Sabín, ademais dos técnicos da Deputación e da Universidade coruñesa.
O plan de rexeneración do Mandeo actuará nunha área xeográfica extendida por dez concellos coruñeses, cunha poboación estimada de 40.000 habitantes. O seu obxectivo é a posta en valor do patrimonio natural e a potenciación do río como eixo dinamizador da economía da bisbarra. Este é tamén o obxectivo do Centro Etnográfico de Curtis entendido como un espazo de interpretación da natureza con elementos didácticos e de formación para prácticas acuícolas. Dentro do Plan crearase un Centro de Interpretación en Chelo, que terá unha escola de pesca fluvial.
Durante a reunión informouse tamén das actuacións desenroladas ata o momento. Realizouse un estudo do estado cero da conca, a través do que se identificaron 1.035 obxectivos de interese, como áreas de observación da fauna e flora, zonas de lecer, rutas, bens patrimoniais, e espazos ambientais de relevancia. Estes obxectivos permitirán o comezo dos traballos para a definición de rutas de sendeirismo e áreas de lecer, coas súas correspondentes unidades didácticas e ambientais. Para acometer esta actuación destinarase un presuposto de tres millóns de euros.
Tamén se realizou un estudo da situación actual do saneamento na conca, que permitirá a posta en marcha dun programa no que se priorizarán as actuacións a seguir no plan de saneamento das augas, cun investimento de catro millóns de euros.
A Deputación da Coruña está a traballar tamén, a través dun concurso público, na creación da imaxe corporativa que defina unha marca de calidade na conca, así como no deseño doutras accións orientadas ao fomento do turismo rural nos dez concellos do Mandeo. Para esta acción destinaranse algo máis de 450.000 euros.
O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, resaltou a importancia deste proxecto, non só pola recuperación e posta en valor do patrimonio natural e cultural da zona, senón tamén como elemento de dinamización económica cun investimento cuantificado de 12,4 millóns de euros.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es