Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Prensa / Información sobre planificación / O concello brigantino propón incluír no proxecto Mandeo unha praia fluvial no Mendo

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

O concello brigantino propón incluír no proxecto Mandeo unha praia fluvial no Mendo

O goberno local de Betanzos quere rentabilizar os ríos que bordean a localidade, Mendo e Mandeo.

A Voz. 10/5/2009
O concello brigantino impulsou nos últimos meses varios proxectos a través das actuacións integradas no Plan Mandeo, organizado pola Deputación da Coruña e financiado a través de fondos europeos.
Dentro deste Plan, o Concello de Betanzos solicitou unha serie de actuacións como a creación de sendas ao longo do Mandeo cara Os Caneiros ou o acondicionamento dun tramo do Mendo, na zona da Acea, para convertela en área de lecer.
Coa primeira, o Concello pretende achegar a riqueza fluvial á cidade cunha fermosa ruta tanto para residentes como para visitantes. No caso da área de lecer, o proxecto do Concello propón acondicionar unha zona para o baño no Mendo. A proposta municipal recolle tamén a adaptación duns antigos lavadoiros existentes nos arredores. Segundo explicou a alcaldesa, María Faraldo, esta actuación estaba prevista dentro do programa electoral do Partido Popular ás últimas eleccións.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es