Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:O territorio / Medio natural / Informe de variables sociolóxicas

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Informe de variables sociolóxicas

Unha análise de variables sociolóxicas como poboación, educación, mercado laboral ou saneamento, definiron a conca como unha zona desfavorecida con importantes necesidades de actuación.

Conclusións:

-A densidade media de poboación dos concellos da conca é a terceira parte da media provincial e a metade da media galega. Únicamente existen dous concellos con alta densidade de poboación (Bergondo e Betanzos) que chegan a triplicar a media provincial; o resto, como Aranga, Irixoa ou Sobrado, non chegan case á cuarta parte da media galega.

-O envellecemento da poboación nestes núcleos é un dato relevante, xa que a porcentaxe de persoas maiores está 5 puntos por riba da media galega e 6 por riba da media provincial. O seu saldo vexetativo é negativo, o que implica unha perda de poboación e a taxa de natalidade está prácticamente estancada.

-Os seus niveis medios de renda dispoñible bruta están moi lonxe de converxer coas cifras provinciais ou autonómicas.

-O nivel de educación nos ámbitos de poboación dista moito dos niveis medios de educación provinciais e autonómicos. Esto afecta especialmente ás mulleres cunha taxa de analfabetismo que triplica a masculina.

-A súa taxa de actividade está 5 puntos por baixo da media autonómica e 6 por baixo da provincial. Aínda que a taxa de paro está 2 puntos por baixo abundan as diferenzas negativas no emprego feminino.

-A súa taxa de depuración de augas residuais é moi inferior á media galega e a taxa de recollida selectiva de residuos dista moito das cifras provinciais e autonómicas.

- Na provincia da Coruña, de 279 aglomeracións menores de 1.000 h-e, un 73% (75.620 h-e) non cumpren coa Directiva 91/271. Entre estas figura a maioría das integradas no proxecto. Existe un grave problema no saneamento do medio rural.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es