Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Natureza / Espazos naturais de interese / Presa de Chelo

Galería

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Presa de Chelo

Nun ensanchamento do río Mandeo, en Coiros, atópase o fermoso lugar de Chelo declarado paraxe pintoresca en 1.971.

Descrición: Nesta paraxe natural, onde o río de augas cristalinas e leito pedregoso ten o seu carácter máis montañoso, é posible bañarse, pescar e facer sendeirismo. O visitante gozará ademais cunha frondosa vexetación con amplos bosques de ribeira e fauna heteroxénea.

Fauna: En Chelo abundan a troita, o reo, a anguía ou o prezado salmón, especie inexistente na maior parte dos ríos galegos e que remonta o Mandeo durante a súa migración. Na canle atopamos tamén londras, silenciosas e difíciles de ver pero con abundantes pegadas nas ribeiras. Respecto ás aves, abunda o merlo acuático que se mergulla no río ata o fondo agarrándose coas uñas ás pedras en busca de invertebrados. Tamén existen lavandeiras nas ribeiras ou sobre as rochas en busca de insectos

Instalacións: Conta cun Aula da natureza que oferta un interesante itinerario ambiental polo Mandeo. Permite as visitas guiadas, tanto a grupos organizados como a particulares. Máis información: Servizo de conservación da natureza da Coruña: Tlf.: (981) 18.45.39/Fax: (981) 18.46.54, (ver enlace).

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es