Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura civil / Pazo de Mariñán

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Pazo de Mariñán

Coñecido tamén como de Láncara, é un pazo de ribeira situado nas fértiles marismas da ría de Betanzos. Dende 1972 é considerado conxunto histórico, artístico, monumental.

Historia: As orixes do pazo datan de mediados do século XV, cando o nobre cabaleiro Gómez Pérez das Mariñas mandou levantar unha construcción de defensa nas marismas da ría.

Descrición: A planta do edificio presenta unha estrutura en U. A escalinata orientada ao nacente e a capela ao poñente son os dous elementos principais que elevan este edificio á categoría de gran pazo. Os seus interiores foron rehabilitados a partires de 1975 e acondicionados con mobiliario decimonónico e as súas paredes albergan unha gran pinacoteca de autores galegos.

Funcións: Na actualidade emprégase como museo da colección artística da Deputación da Coruña, como centro de cursos e en actos institucionais.

Arredores: Un dos patrimonios máis atractivos do pazo son os seus impresionantes xardíns, con vistas á paisaxe das Marismas. Como curiosidade, a partir de 1997 creouse o xardín da palabra, no que ilustres visitantes plantan unha árbore e ao seu pé deixan un desexo.


.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es