Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura civil / Ponte do Pedrido

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Ponte do Pedrido

Ponte construída sobre Ría de Betanzos, entre os anos 1939 e 1942, polo prestixioso enxeñeiro Eduardo Torroja co fin de mellorar as comunicacións entre A Coruña e Ferrol.

Historia: Esta obra de enxeñaría marcou un cambio na vida das xentes da bisbarra debido á mellora das comunicacións e os avances técnicos empregados na súa construción. O uso de formigón armado supuxo un gran progreso no seu momento, xa que era a primeira vez que se empregaba este material para unha obra de semellantes dimensións.

Datas: A inauguración levouse a cabo o 16 de abril do 1943.

Descrición: O elemento máis relevante da ponte é o seu impresionante arco central. Sobre o tramo intermedio de 75 m proxéctase un arco tensado de formigón armado de 12,5 m de frecha con dúas articulacións e taboleiro inferior suspendido mediante péndulos espazados a 3,65 m.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es