Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura civil / Casa Núñez (Fundación CIEC)

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Casa Núñez (Fundación CIEC)

Situado no centro do casco histórico de Betanzos, este edificio modernista foi construído en 1923 polo arquitecto coruñés Rafael González Villar. Actualmente é a sede do CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea.

Historia: Orixinariamente albergou un gran almacén, unha sucursal do Banco de España e unha vivenda na que nace o artista Jesús Núñez, creador desta fundación.

Obxectivos: O Centro Internacional da Estampa Contemporánea foi creado o 7 de abril de 1997 co fin de promover e difundir as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular, para o que realiza numerosas actividades docentes e expositivas. Ao longo do ano organiza cursos e talleres e dende o 2003 imparte un Master sobre a Obra Gráfica.

Sede: As súas instalacións, que abranguen 2.600 m2, foron acondicionadas tendo en conta as diferentes necesidades artísticas. Dispón de talleres, salas de exposicións, coleccións permanentes, biblioteca, despachos, almacen, etc.

Visitas: Ofrece visitas didácticas para escolares e colectivos interesados na obra gráfica, e visitas guiadas a particulares. Os grupos son acompañados por persoal especializado da Fundación, que lles achega ao mundo da arte gráfica e aos seus xéneros.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es