Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Cultura / Centro Internacional da Estampa Contemporánea

Galería

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Centro Internacional da Estampa Contemporánea

De sona internacional, a Fundación CIEC está situada no centro histórico de Betanzos nun edificio emblemático de 1923. A súa función principal é a difusión das artes plásticas e da arte gráfica.

Obxetivos: O Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) foi creado o 7 de abril de 1997 co obxectivo de fomentar e difundir as artes plásticas, en xeral, e a arte gráfica, en particular. Para isto, realiza numerosas iniciativas, entre as que destacan a actividade docente e a expositiva. Dende o ano 2003 imparte un Master sobre a Obra Gráfica, ademais de organizar ao longo do ano numerosos cursos e talleres.

Sede: As súas instalacións, que comprenden unha superficie de 2.600 m2, foron acondicionadas en función das necesidades dun centro de arte gráfico. Conta con talleres, salas de exposicións, colección permanente, biblioteca, despachos, almacen, etc. Nas súas orixes albergaba un gran almacén, unha sucursal do Banco de España e unha vivenda na que nace o artista Jesús Núñez, creador da fundación.

Visitas: Permite visitas didácticas, dirixidas a escolares e colectivos interesados na obra gráfica, e visitas guiadas. Os grupos son acompañados por persoal especializado, que os achega ao mundo da arte gráfica e aos seus xéneros.
Horario: Inverno_De 10 a 14 e de 16 a 20 horas de martes a sábado. Verán: De 10 a 14 e de 17 a 21 horas.

Contacto: Do Castro, 2. 15300. Betanzos.
Teléfono/Fax.: ( 34) 981 772964. ciec@fundacionciec.com

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es