Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Cultura / Museo das Mariñas

Galería

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Museo das Mariñas

Situado no claustro do antigo convento de Santo Domingo, en Betanzos, este museo recolle unha representativa mostra de pezas arqueolóxicas, varias coleccións de tapices e encaixes e unha sección adicada ao traxe galego.

Descrición: Creado en 1.983, comparte instalacións coa Biblioteca e o Arquivo Municipal.

Para lembrar: A súa sala medieval con sepulturas, brasóns e esculturas; a do Apostolario de Rubens con doce táboas adicadas aos Apóstolos e a súa sala etnográfica sobre a historia da bisbarra. Acolle tamén, o orixinal Museo do Traxe Galego, con fondos que van dende a típica roupa do peregrino medieval ata elaborados vestidos de damas de época.

Acceso gratuito: Para grupos escolares, menores de 14 anos e acompañados de persoa responsable, titulares do Carnet Xove, maiores de 65 anos residentes en Betanzos e colaboradores do Anuario Brigantino.

Horario: De luns - Venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Sábado de 10:30 a 13:00 h. Domingo e festivos pechado.

Contacto: C/ Emilio Romay, s/n. Teléfono: 981 771946.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es