Edificio de estilo neoclásico, deseñado por Ventura Rodriguez e situado na parte máis elevada do castro de Untia, na actual Praza da Constitución.
Descrición: Presenta planta rectangular con soto, planta baixa e dúas alturas. As fiestras da primeira planta están comunicadas a través dun balcón común. Destacan catro pilastras con capiteis xónicos de volutas nas que, á altura da segunda planta, colgan grilandas de loureiro abrazando rosas en ferro forxado.
Decoración: Na fachada pódense contemplar as armas reais de España, as do Reino de Galicia e as de Betanzos, realizadas en policromía. No interior, son interesantes os retratos situados na sala capitular.
Cronoloxía: S. XVIII
Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas