Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Mosteiro de San Salvador de Bergondo

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Mosteiro de San Salvador de Bergondo

Antigo convento benedictino do que actualmente só se conserva a igrexa, moi reformada. É un bo exemplo da arte monacal do románico galego.

Descrición: Edificio de estilo románico levantado no s. XII con planta basilical de tres naves e tres ábsidas semicirculares con fiestras deseñadas. As paredes da igrexa contan con sólidos contrafortes e a fachada principal está engalanada con arquivoltas semicirculares soportadas en columnas acobadadas. Na porta pódense contemplar catro columnas con bases dóricas e capiteis de follas que soportan un dobre arco abucinado.

Para ver: Merecen especial atención dous sepulcros medievais situados no presbiterio e a Capela de Santa Catalina de finais do s. XIV e principios do XV no muro sur do templo, onde destaca unha interesante bóveda de crucería e columnas acodilladas.

Arredores: No atrio da igrexa podemos contemplar o cruceiro de Bergondiño, de estilo románico cunha base de tres chanzos con fuste circular e estriado. No capitel, a decoración mestura motivos vexetais cos mitolóxicos polas catro caras. O cruceiro está rematado por unha cruz latina; no anverso, o Cristo crucificado e no reverso, a Virxe María.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es