Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa e convento de San Francisco

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa e convento de San Francisco

Igrexa de estilo gótico situada no casco histórico de Betanzos. É un dos mellores exemplos do gótico mendicante franciscano. Foi declarada Monumento Nacional no 1919 e recentemente Ben de Interese Cultural (B.I.C.).

Descrición: Igrexa de planta de cruz latina con tres capelas e unha soa nave con arcos transversais. O exterior do templo, que estivo decorado con pinturas, presenta as alturas graduadas. A parte máis alta constitúea o remate do cruceiro onde se abren tres fiestras, dúas delas góticas. En inferior altura obsérvanse a capela maior, os brazos do cruceiro e as capelas rectangulares da cabeceira.

Imprescindible: Varios sepulcros de cabaleiros dos séculos XIV, XV e XVI, que constitúen un importante patrimonio histórico artístico, especialmente o sarcófago de Fernán Pérez de Andrade, situado baixo o coro aos pés do templo e sostido por un oso e un xabarín. A cabeceira está engalanada co escudo da familia Andrade e os laterais presentan dúas escenas de caza. Pecha o sarcófago unha lousa granítica coa estatua xacente do cabaleiro vestido coa armadura.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es