Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de Santa María do Azogue

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de Santa María do Azogue

Igrexa de estilo gótico situada en Betanzos, construida nos s. XIV e XV sobre outro templo de época románica. É obra de Fernán Pérez de Andrade "O Boo" e do seu sucesor Fernán Pérez " O Mozo". Foi declarada Monumento Nacional no 1944 e actualmente é Ben de Interese Cultural.

Descrición: Presenta planta basilical de tres naves con catro tramos sen abovedar, desembocando todas elas nunha ábsida. A nave central é máis ancha que as laterais que dan acceso a tres capelas. A maior presenta planta heptagonal mentras que as dúas restantes son de planta cadrada. Da ornamentación interior hai que destacar o retablo da capela maior. O coro sitúase aos pés do templo.

Imprescindible: No exterior sobre a porta aparece un amplo rosetón e un arco de medio punto decorado con pequenos arcos. Nas arquivoltas pódense contemplar, ademais de motivos vexetais e xeométricos, 22 figuras humanas. O tímpano compárteno dúas esceas, unha da Epifanía e outra da Anunciación.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es