Obra de estilo renacentista dos séculos XVI-XVII (1568-1601) construida sobre unha antiga ermida baixo a dirección do mestre Juan de Herrera. Está situada na ruta do Camiño Inglés, na parroquia de Tiobre.
Descrición: A planta divídese en tres tramos de diferente altura: ábsida, cruceiro e nave. O corpo principal pertence ao presbiterio, cuberto por unha gran bóveda de dobre trazado con terceletes. No cruceiro ábrense dúas capelas adicadas a San Caetano e San Antón, cubertas con bóvedas de crucería.
Historia: A súa orixe está relacionada coas lendas das aparicións da Virxe. Neste lugar existía unha antiga ermida, que acollía un hospital para peregrinos. A construcción actual foi saqueada polos franceses no 1808.
Para ver: Na fachada principal pódense contemplar unhas fermosas imaxes pertencentes a Cristo, Santiago e San Roque.
Arredores: No atrio da igrexa atópase unha fonte de estilo neoclásico austero cun medallón no centro da metopa do friso. Á súa dereita está gravada unha cruz consagral.
Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas