Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Arquitectura / Arquitectura relixiosa / Igrexa de San Paio

Galería

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Igrexa de San Paio

Iglesia de estilo predominantemente barroco dos s .XVII e XVIII, situada na parroquia de San Paio de Aranga. Destaca a súa torre-campanario de tres corpos.

Descrición: Trátase dun templo de grandes dimensións con planta de cruz latina dividida en tres naves. Dous arcos por lado constitúen o coro e o baptisterio e ao carón dos dous, unhas escaleiras de acceso á planta superior. Na nave principal aparecen dúas capelas comunicadas interiormente por arcos de medio canón.

Para ver: Na capela do muro norte gardase a Santa Cruz (quizais do século X), moi semellante á Cruz dos Anxos de Oviedo. Na fachada principal atopamos unha porta adintelada con seis vans e unha fornela co santo que aínda conserva restos de policromía. Destaca a torre-campanario de tres corpos, o primeiro da mesma altura que a igrexa, o segundo con balaustrada e campás e o terceiro con planta octogonal rematado nunha pequena cúpula de estilo barroco e influencia compostelá.

Arredores: Preto da igrexa permanecen os restos do que foi a casa parroquial con pombal e reloxo de sol. No cemiterio pódese visitar un cruceiro con plataforma cuadrangular de tres chanzos. O capitel composto remata nunha cruz, que presenta no anverso o Cristo crucificado e no reverso a Virxe Inmaculada en actitude orante.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es