Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Festas / Temáticas / Festas de San Roque

Galería

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Festas de San Roque

Son as festas grandes de Betanzos, declaradas de Interese Turístico Nacional e celebradas do 14 ao 25 de agosto. Contan cun amplo e variado programa de actos, no que sobresaen o Lanzamento do Globo e as Xiras dos Caneiros.

Orixes: O Globo lánzase na media noite do día do patrón, o 16 de agosto. Dende 1875 é elaborado artesanalmente pola familia Pita, que emprega na súa construción cento vinte quilos de papel, litros de engrudo e debuxos de artistas recoñecidos. O resultado é un enorme globo de 25 metros de altura e 50 metros de diámetro.

Lanzamento: O proceso de inflado dura só media hora grazas aos pachuzos de palla que quentan o aire no seu interior. Unha vez inflado faise xirar para que o público admire os debuxos humorísticos do ano e lánzase ao ceo cunha barquiña chea de fogos artificiais entre os aplausos da xente congregada na praza.

Descrición: Pola súa banda, Os Caneiros celébranse o 18 e o 25 de agosto. Durante os dous días de xiras, o río Mandeo énchese de barcas engalanadas que transportan aos romeiros río arriba ata o campo da festa. A saída, dende a Ponte Vella, ten lugar ao medio día polo que case todas as barcas celebran comidas para soportar mellor a travesía. Á volta, cando comeza a anoitecer, celébrase unha sesión de fogos acuáticos.

Programa: Nas festas de San Roque destacan tamén a Coroación da Raíña xuvenil e infantil, a Procesión do día de Santa María ou a Función do Voto, todas elas acompañadas de danzas gremiais medievais. Celébranse tamén concertos e verbenas que marcan os días de festa.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es