Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Turismo / Festas / Temáticas / Feira Franca Medieval

Galería

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Feira Franca Medieval

Betanzos celebra no segundo fin de semana de xullo, a súa afamada Feira Franca Medieval, na que a cidade cambia de século e convértese nunha vila de teatro, artesanía e tradicións.

Historia: No medievo, Betanzos celebraba en novembro unha feira franca que permitía aos comerciantes do reino vender na cidade sen pagar a "alcabala", un arancel para poder vender produtos foráneos. Pasados os séculos, a feira continúa celebrándose ambientada na época medieval, ainda que mudou de data, de novembro a xullo, e de duración, dun mes aos tres días actuais.

Ambientación: Durante os días de festexos, a cidade vella divídese en gremios, como se facía na antigüidade, con expertos artesáns, carpinteiros, ourives, cociñeiros, etc. Cada un vestido cas roupas medievais do seu oficio.

Programa: Conta cun completo programa de actos, no que destacan os barrís, a representación dos mouros, a queima da bruxa e a expulsión dos leprosos.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome
  • Email
  • Opinión
  • Ningún comentario dispoñible.
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es