Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Resumo e xustificación / ¿Por qué na conca do Mandeo?

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

¿Por qué na conca do Mandeo?

Logo de analizar pormenorizadamente diferentes concas fluviais, A Deputación da Coruña decidiu que a situación da do Mandeo demandaba a implantación dun proxecto de rexeneración ambiental de carácter piloto. Seis foron as particularidades que xustificaron a súa elección:

1- Unha zona eminentemente rural cun baixo grado de desenrolo rexional, sobre todo na parte alta da conca con indicadores socioeconómicos por debaixo da media provincial.
2- Nula promoción turística, a pesar do seu potencial arquitectónico, cultural e lúdico. Localízase a vinte minutos da cidade da Coruña, o que facilita o seu acceso a través das distintas vías de comunicación.
3- Alto valor paisaxístico, cultural e etnográfico e gran riqueza ecolóxica.
4- Déficit de infraestruturas relacionadas co ciclo do auga, sobre todo na conca media e alta.
5- O río require actuacións para cumprir o que se coñece como "bo estado ecolóxico", pero a carencia de grandes presas e o feito de que a circulación das augas sexa natural, é importante para poder definir un réxime de caudais basado en criterios fluviais e non enerxéticos.
6- Entre as concas que cumprían as anteriores condicións, a do río Mandeo cubría unha poboación superior ao resto.

A elección da conca do Mandeo non impide que outras poidan ser obxecto de proxectos semellantes no futuro. De feito, concas cun réxime de caudais moi alterado, como a do río Eume, xa deron algúns pasos con gran éxito no que a dinamización da zona se refire.

  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es