Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Proxecto Mandeo / Participación pública

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Participación pública

A área de participación pública é o órgano encargado de comunicar as actuacións do Proxecto aos beneficiarios e de estudar as posibles suxestións e comunicacións dos mesmos. A súa función básica é potenciar e incrementar a participación e cohesión social dos distintos axentes vinculados ao río.

Ata o momento, neste proceso desenroláronse as seguintes actuacións:

-O 13 de decembro do 2007, tivo lugar no Pazo de Mariñán (A Coruña) o acto de presentación do proxecto por parte do Presidente da Deputación Provincial da Coruña, D. Salvador Fernández Moreda. Nel convocouse aos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña e a diferentes organizacións, axentes e institucións.

-Os días 4 e 19 de decembro do 2007, remitiuse ás partes interesadas no proxecto, unha carta de apoio, no caso das organizacións, institucións e asociacións, e unha carta de adhesión, no caso dos concellos de menos de 20.000 habitantes. O 100% dos municipios de menos de 20.000 habitantes (83 concellos) adheríronse ao proxecto.

-Na páxina web da Deputación (www.dicoruna.és) atópanse a disposición das partes interesadas, as presentacións realizadas no Pazo de Mariñán e o resto da documentación (cartas de adhesión, cartas de apoio ao proxecto, etc). Durante o proceso de participación pública recibíronse varias suxestións que xa foron incorporadas ao plan.

-Divulgación dos obxectivos estratéxicos do proxecto en distintos medios de comunicación locais e autonómicos.

- A Deputación e o equipo de colaboradores da Universidade da Coruña mantiveron reunións con diferentes autoridades locais, institucións, empresas privadas, asociacións e administracións, para que o proxecto MANDEO contase co maior apoio posible.

  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es