Nesta sección atoparás todos os recursos relacionados coa observación do medio natural no contorno dos observatorios ornitolóxicos do Mandeo, Bergondo e Paderne.
O obxectivo final é promover unha actitude respetuosa de cara ao medio e ás especies protexidas, apreciando todos e cada un dos pequenos detalles deste marabilloso ecosistema.
Os obxectivos parciais a conseguir son:
-Fomento da observación da flora e da fauna local.-Análise dos elementos que forman parte dun ecosistema e da relación existente entre eles.-Aumento das actitudes de respecto ao medio para contribuír á súa conservación de cara ao futuro.-Achegar ao público a oportunidade de vivir a experiencia das cores, olores e sons da marisma, para aprender a gozar da natureza como recurso didáctico.