Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:O territorio / Historia

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Historia

Dende o inicio da historia da humanidade os ríos foron un lugar de asentamento prioritario para os seres humanos. A proximidade ao río garante auga, alimentos, fértiles terreos de cultivo, transporte e intercambios comerciais. Partindo desta premisa, a historia da conca do Mandeo é a historia dos territorios polos que pasa o río, de cómo se formaron os diferentes asentamentos e de cómo evolucionaron ao longo dos anos.

Na maior parte dos concellos polos que pasa o río, aínda se conservan vestixios de cultura castreña representados nos famosos castros, moi habituais no noroeste da Península Ibérica. Destes antigos castros, xurdiu, por exemplo, a romana Brigantium Flavium, e desta a actual Betanzos. Na Idade Media multiplícanse estes asentamentos e afástanse das cotas altas e fortificadas para atender actividades agrícolas. Este longo período de tempo está dirixido por ordes relixiosas, convertindo aos mosteiros nos grandes centros de poder.

Durante o Antigo Réxime, algúns concellos actuais integrados no Proxecto non existían e o seu territorio estaba distribuido por diferentes xurisdicións; así o de Irixoa pertencía á provincia de Betanzos, Curtis tiña as súas terras repartidas por tres demarcacións e Paderne tería que agardar ata o s. XIX para converterse en concello.

A día de hoxe, a conca do Mandeo é un territorio diverso con municipios de marcado carácter rural adicados fundamentalmente a actividades agrarias e forestais (caso de Oza dos Ríos, Cesuras ou Sobrado), mentres que Bergondo e Betanzos sobresaen pola súa industria vinculada aos sectores secundario e terciario.

  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es