Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Educación e Formación / Curso de operadores de Depuradoras de Augas Residuais Urbanas

Enlaces patrocinados

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Curso de operadores de Depuradoras de Augas Residuais Urbanas

Unha parte das accións de educación e formación do Proxecto concrétanse no desenvolvemento de cursos de formación e xornadas temáticas. Os destinatarios principais son os diversos colectivos e axentes que interveñen, ou participan, no ámbito da auga na conca dos ríos Mendo e Mandeo.

¿A quen vai dirixido?
O Curso Básico para Operadores de Depuradoras de Augas Residuais Urbanas está dirixido a persoas que desenvolvan os labores de explotación e mantemento dunha EDAR, fundamentalmente, pero tamén a persoas interesadas na xestión dos sistemas de saneamento locais. Terán preferencia aqueles colectivos que desenvolven a súa actividade no territorio dos ríos Mendo e Mandeo, se ben poderán incorporarse alumnos doutros ámbitos xeográficos en función das prazas dispoñibles.

As persoas, colectivos e axentes interesados nas actividades do curso son:
. Operarios de concellos relacionados con sistemas de saneamento.
. Técnicos de concellos relacionados con sistemas de saneamento. Técnicos de medio ambente dos concellos.
. Estudantes.
. Axentes identificados no proxecto (organizacións ambientalistas, conservacionistas, asociacións de veciños, outro tipo de asociacións...).

O Curso estará dividido en 5 Módulos:
Módulo 1-. Fundamentos e tipoloxías dos procesos biolóxicos de depuración de augas residuais urbanas en pequenas aglomeracións.
Módulo 2-. Prevención de riscos laborais.
Módulo 3-. Fundamentos de equipamento electromecánico e hidráulica.
Módulo 4-. Parámetros e métodos de control da explotación.
Módulo 5-. Boas prácticas de explotación e mantemento en sistemas de depuración de pequenas aglomeracións.

Para máis información e inscricións descargue os arquivos adxuntos.





  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es