Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Educación e Formación / Xornada sobre procesos extensivos de augas residuais para pequenas aglomeracións rurais

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Xornada sobre procesos extensivos de augas residuais para pequenas aglomeracións rurais


Prazo de preinscrición ata o día 28 de novembro. O curso impartirase no Pazo de Mariñán os días 1 e 2 de decembro.


A planificación, deseño e construción de solucións de saneamento en aglomeracións de menos de 1.000 habitantes é un dos grandes retos en Galicia. A dispersión da poboación en incontables núcleos e a elevada calidade ambiental do territorio obriga a buscar solucións axeitadas a cada contexto.


A experiencia noutros países puxo de manifesto que as técnicas de depuración de augas residuais denominadas "extensivas", "brandas", ou "naturais", son, en numerosas situacións, unha solución axeitada.


As Xornadas centranse en tres tipos de tratamentos extensivos: as brañas artificiais (horizontais, verticais e nos de baseados en macrofitas flotantes), os filtros de area e os filtros de turba.


Obxectivos das xornadas

. Ofrecer coñecementos e información actualizados sobre os principios fundamentais que rexen a eliminación de contaminantes en sistemas extensivos.
. Familiarizar os asistentes cos métodos de deseño, construción, explotación e mantemento de brañas e filtros.
. Brindar a profesionais e investigadores a oportunidade de discutir e intercambiar experiencias no campo dos sistemas extensivos.


A quen vai dirixido?

. Técnicos da administración relacionados con sistemas de saneamento.
. Técnicos de medio das administracións.
. Empresas consultoras de enxeñaría.
. Empresas de xestión do ciclo da auga urbano.
. Estudantes.
. Organizacións ambientalistas, conservacionistas, asociacións de veciños...

Máis información relativa a Xornada sobre procesos extensivos de augas residuais para pequenas aglomeracións rurais

Relatorios das xornadas
Relatorios das xornadasÁs reunións no Pazo de Mariñán asistiron case un centenar de expertos en medio e saneamento pertencentes a administracións e empresas.
As xo...
  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es