Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Relatorios das xornadas

Ás reunións no Pazo de Mariñán asistiron case un centenar de expertos en medio e saneamento pertencentes a administracións e empresas.

As xornadas analizaron en profundidade os dous grandes desafíos aos que se enfronta a comunidade galega e o Proxecto Mandeo: o impacto residual de pequenas poboacións diseminadas e, ao mesmo tempo, o respecto o patrimonio natural de Galicia.

As xornadas versarán sobre as técnicas de depuración que operan a velocidade natural e sen achega de enerxía eléctrica porque recorren a elementos naturais. A experiencia noutros países europeos puxo de manifesto que este tipo de técnicas de depuración, denominadas "extensivas", "brandas" ou "naturais", son a alternativa máis ecolóxica e sostible. As celebracións estiveron centradas en tres tipos de tratamentos extensivos: as brañas artificiais, os filtros de area e filtros de turba.

A través dos distintos relatorios (adxuntos en pdf), os asistentes recibiron coñecementos actualizados sobre os principios fundamentais que rexen a eliminación de contaminantes en sistemas extensivos; familiarizáronse cos métodos de deseño, construción, explotación e mantemento de brañas e filtros, e intercambiaron experiencias neste campo.

  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es