Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Educación e Formación / Xornada sobre uso do SIG

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Xornada sobre uso do SIG

Encontro O uso do SIG na planificación das infraestruturas da auga e desenvolvemento de indicadores de sostibilidade. Prazo de preinscrición ata o xoves, 1 de marzo. O curso impartirase no Pazo de Mariñán o xoves, 8 de marzo.

Esta xornada celébrase como ampliación dos contidos das accións educativas precedentes e co obxectivo de explicarlle aos técnicos o uso de ferramentas informáticas que, por estar dirixidas á xestión de información georreferenciada e, polo tanto, localizable sobre o territorio, presentan importantes vantaxes para a xestión e planificación dos recursos hídricos.

O obxectivo da xornada é que, a súa finalización, os asistentes:

. Entendan os principios básicos sobre os que se asentan as tecnoloxías SIG.. Entendan como e por que se estrutura a información referida a infraestruturas de subministración, tratamento e evacuación das augas e aos elementos territoriais relacionados, directa ou indirectamente, con aquelas. Comprendan os principios básicos a ter en conta para proceder ao deseño, posta en marcha e monitorización dun sistema axeitado de indicadores de sostibilidade dos recursos hídricos.

A quen vai dirixido?. Técnicos das Administracións relacionados con sistemas de abastecemento de auga e saneamento.. Técnicos de medio das Administracións.. Empresas consultoras de enxeñaría.. Empresas de xestión do ciclo da auga urbano.. Estudantes.

  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es