A Xornada realizarase na Sede da Deputación o xoves 28 de xuño. O prazo de preinscrición finaliza o luns 25 de xuño.
Unha das accións do Proxecto Mandeo contemplou a oportunidade de elaborar un documento de análise e reflexión sobre a posibilidade de desenvolver estratexias de xestión sustentable nunha conca fluvial. O resultado da devandita acción é o libro: "Río Mandeo. Conca fluvial e desenvolvemento sustentable".
Obxectivos
O obxectivo principal da xornada é, en primeiro lugar, dar difusión ao libro "Río Mandeo. Conca fluvial e desenvolvemento sustentable". Libro que reúne os puntos de vista de diferentes colectivos de expertos vinculados dunha forma ou outra coa xestión da auga nunha conca fluvial.
Xestores e técnicos das administracións, profesionais de empresas xestoras e de consultoras, ademais de profesores e investigadores universitarios, elaboraron textos sobre diferentes factores ou ámbitos que teñen influencia sobre a xestión sustentable da auga.
A xornada está configurada para que os autores dalgúns dos capítulos máis centrados ou orientados á conca do río Mandeo presenten, de forma resumida, as ideas e enfoques que incorporaron nos seus respectivos capítulos.
O libro, como non podía ser doutra forma, é multidisciplinar. A posibilidade de reunir a moi diferentes especialistas a contar, escoitar e debater enfoques e ideas doutros campos alleos ao propio é tamén unha oportunidade enriquecedora e interesante que ofrece a xornada.
A quén vai dirixido?
* Membros das corporacións locais responsables dos temas ambientais ou do desenvolvemento de Axendas 21 Locais
* Técnicos da administración relacionados coa auga.
* Técnicos de medio ambiente das administracións.
* Empresas consultoras de enxeñaría. Empresas de xestión do ciclo da auga urbano.
* Estudantes.