Rio Mandeo, Turismo, Aranga, Bergondo, betanzos, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos ríos, Paderne

nuevas altas Jazztel Atencion al cliente - Contrata con jaztel adsl de 20 megas JAZZTEL Atencion cliente jazztel
Está vostede en:Educación e Formación / Concurso de pesca infantil

Recomendar

  • Nome de amigo
  • E-mail de amigo
  • O teu nome

Concurso de pesca infantil

O pasado xoves 28 de xuño celebramos en Ponte Aranga o Concurso de Pesca Infantil Proxecto Mandeo.

O concurso reuniu a preto de 50 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, entre os que figuraban membros da Asociación de Paralíticos Cerebrais de España (ASPACE). O gañador do primeiro premio foi o neno Martín Parga, de Oza dos Ríos, que recibiu o diploma acreditativo de mans de María Faraldo e Alberto Platas.

Baixo o lema Ollo que pican!, o Concurso pretendía contribuír ao coñecemento do ecosistema fluvial do Mandeo e achegalo aos máis pequenos e, ao mesmo tempo, ofrecerlles unha mínima formación técnica. De feito, a xornada comezou cun obradoiro de iniciación no que os participantes aprenderon as técnicas básicas da pesca fluvial. O Programa do Concurso arrincou ás 10:00 horas coa recepción e entrega de documentación e continuou coa distribución en grupos. Sobre as 10:30 horas da mañá celebrouse a sesión de iniciación teórica á pesca, que deu paso á proba. O certamen finalizou coa correspondente entrega de diplomas e medallas, que estivo a cargo da vicepresidenta da Deputación da Coruña, María Faraldo e o alcalde de Aranga, Alberto Platas.

Clica aquí para ver a galería de fotos.

  •  
Deputación de A Coruña. Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña
Tfno: 981 080 300 - info@mandeo.com
powered by paginasweb.es