Situado no Concello de Curtis, este Centro terá unha orientación cultural-patrimonial, cuxa finalidade será poñer en valor a riqueza cultural, etnográfica e arqueolóxica da conca.
Supoñerá un achegamento ao río dende unha vertente didáctica para o que contará cunha importante recompilación de material etnográfico.
Distancias a lugares relevantes: Coruña: 41/ Santiago: 85 / Ferrol: 63 / Lugo: 78 / / Pontevedra: 112 /Vigo: 142 / Ourense: 161.